Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Domingo de Ramos 2014

Para os cristiáns, o Domingo de Ramos é o primeiro día da Semana Santa, período no que conmemorase a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret.

O día de hoxe celebrase a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén montado nunha burra, sendo recibido polos seus moradores, con cánticos, palmas e ramas de oliveira.

En Nebra seguindo esa tradición, na misa de hoxe houbo uha gran afluencia de fieis, acompañados polos máis pequenos da casa, no que a maioría portaban ramas de oliveiras, e tamén houbo algunhas palmas, que unha vez bendicidas colganse nas portas e fiestras das casas.







Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes