Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Xuntanza Interparroquial 2015

Igrexa de Santa María de Nebra

Igrexa de Santa María de Nebra

OLYMPUS DIGITAL CAMERAEste ano os veciños e veciñas de Nebra tócanos facer de anfitrións nesta Xuntanza que aglutina ás parroquias de San Xoán de Camboño, San Pedro de Boa, San Martiño de Miñortos, San Sadurniño de Goiáns e Santa María de Nebra. A reunión será mañá domingo día 31.

Ademais da carpa para a misa de campaña, haberá outra onde se poderá degustalo polbo á feira, carne ao caldeiro, churrasco e chourizos críollos, todo regado con viño do país e outras bebidas aptas para todo o mundo.

Os rapaces poderán entreterse con diferentes xogos e os maiores, coa música dos grupos invitados.

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes