Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Xuntanza Interparroquial 2013

O domingo día 16 de xuño, no adro da Capela de San Caetano (A Silva-Goiáns), celebrouse unha Xuntanza Interparroquial que aglutina as parroquias baixo a dirección de Don Ramón: Santa María de Nebra, San Sadurniño de Goiáns, San Martiño de Miñortos, San Pedro de Boa e San Xoán de Camboño, que contou coas actuacións dos Grupos de Gaitas: Axóuxeres de Miñortos, Canlebó de Camboño e e as Pandereteiras Falcoeira de Nebra.

Tamén houbo xogos populares para os máis pequenos, rematando coa entrega de medallas conmemorativas.

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes