Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Romaría de Santa Rita 2014

A pesar de que o día foi máis invernal que primaveral, con intermitentes choivas ao largo da mañá, podemos concluír que houbo unha nutrida asistencia de fieis á Misa Solemne que foi oficiada por Don José, e contando que antes houbo catro misas rezadas e outra polo serán.

O adobío floral foi realizado unha vez máis por Julia e Concha da Igrexa, e Lela de Puílla, no que usan mirtos, paniculatas e 150 rosas.

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes