Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Festas da Balbanera 2012

Domingo 16: Na Honra á VIRXE DAS DORES
Dianas e Alboradas a cargo do GRUPO DE GAITAS O AR DE LOUREDA
Ás 8:30H da mañá Misa
Á 1 da tarde Misa Solemne e Procesión
Sesión vermú coa Orquestra Atenas
Ás 18H Torneo Futbito Prebenxamín. Organizado pola Concellería de Deportes do Concello
Á mesma hora, no local da Comunidade de Montes haberá unha proxección de vídeos da parroquia, de eventos recollidos noutras localidades e algúns históricos
Pola noite verbena a cargo da ORQUESTRA ATENAS

Luns 17: Na Honra a SANTO ANTÓN
Dianas e alboradas a cargo do GRUPO DE GAITAS A GANDAINA
Ás 9:00H da mañá Misa
Á 1 da tarde Misa Solemne e Procesión
Sesión vermú a cargo da Orquestra Samba
Pola noite verbena a cargo da ORQUESTRA SAMBA

Martes 18: Na Honra á Balbanera
Dianas e alboradas a cargo do GRUPO DE GAITAS A GANDAINA
Misas ás 9:00H. – 10:00H. – 11:00H
Ás 12:00 do mediodía, oficiaríase outra se houbese agardando un mínimo de catro persoas
Á 1 da tarde Misa Solemne e Procesión
Sesión vermú a cargo da sensacional ORQUESTRA IMPACTO
Misa ás 21:00H da noite
Pola noite man a man da ORQUESTRA IMPACTO e a inigualable SINTONÍA DE VIGO

Esperamos a vosa presenza e tamén agradecer a tódolos colaboradores e veciños que, grazas a vos puidemos facer estas magnificas festas. A Comisión

Colabora: Concello de Porto do Son

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes