Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

San Ramón e Virxe do Carme 2011, programa

Mércores 31 de agosto: Na honra de San Ramón
San Ramón Nonato é o patrón das parideiras e as parteiras debido ás circunstancias do seu nacemento.

Pola maña: Dianas e alboradas a cargo dun grupo de gaitas do país.
Ás 9:00h. haberá misa.
Ás 13:00h. misa solemne e despois sairá a procesión.
Sesión vermú a cargo da Orquestra ODISEA

De 17:00 a 20:00h. teremos inchables PEKEXOGO (Toro Mecánico e Futbolín Humano)
Pola noite: Verbena amenizada pola gran Orquestra ODISEA

Xoves 1 de setembro: Na Honra da Nosa Señora do Carme
Nosa Señora do Carme: Desde os inicios do cristianismo, a Virxe María foi proclamada como “Estrela do Mar” e o seu equivalente “Stella Maris”, de aí que a estrela sexa un elemento da iconografía mariana.

Pola maña: dianas e alboradas a cargo dun fabuloso grupo de gaitas do país.
Ás 9:00h. haberá misa.
Ás 13:00h. misa solemne e despois sairá a procesión.
Sesión vermú a cargo da formidable Orquestra IMPACTO

Pola noite: Gran verbena amenizada pola fenomenal Orquestra IMPACTO.

A comisión de festas deséxalles unhas boas festas aos veciños e visitantes e dálle as grazas a todos.

Colabora: Concello de Porto do Son

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes