Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Nosa Señora 2013

Misa Solemne moi concorrida, na que unha rapaza residente en Inglaterra, pero con raíces en Nebra  celebrou a súa primeira comuñón.

Ao remate os gaiteiros de Canlebó e as pandereteiras de Falcoeria botáronlle unhas pezas no adro, para rematar co derradeiro pasarruas no Campo da Festa, onde a Orquestra Manila tomoulles o relevo, dando por rematada a unha vez máis as alongadas Sesións Vermús.

Xa polo serán celebrouse o Triangular de Fútbol Infantil, entregándose as medallas doadas por “La Caixa” a tódolos rapaces participantes.

O Tiro á corda suspendeuse pola nula presencia dos equipos inscritos.

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes