Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Programa Festas de Santa Rita 2013

Nebra arranca motores coas festas de Santa Rita…

Mércores 22: Romaría de Santa Rita

Pola mañá Dianas e Alboradas a cargo do Grupo de Gaitas Arume de Boiro

Misas ás 9-10-11-12

Á 1 Misa Solemne e saída da Procesión

Sesión vermú a cargo da Orquestra Palladium

Ás 9 h. da noite Misa Rezada

Ás 10:30 h. da noite Gran Verbena a cargo da Orquestra Palladium

Xoves 23: Cruceiro de Tores

De novo pola mañá Dianas e Alboradas a cargo do Grupo de Gaitas Arume

Misa ás 9 h.

Á 1 Misa solemne a continuación Procesión

Sesión vermú a cargo da ORQUESTRA LA BAMBOLA

Ás 7 do serán actuación conxunta dos Grupos: Canlebó de Camboño, Axóuxeres de Miñortos e Falcoeira de Nebra, a carón do Cruceiro de Tores, que loce o nome da aldea.

Ás 10: 30 h. da noite gran Verbena a cargo da ORQUESTRA LA BAMBOLA

Día adicado á xuventude

Pola noite Gran Verbena cargo do Grupo Samba, que tanto gustou o ano pasado

Sábado 25, A partir da 10 da noite

SEGUNDA XUNTANZA DE GAITEIROS

GRAN CHURRUSCADA A PREZOS POPULARES

Nota da Comisión: Dende o día de santa Rita até que rematen as festas da Balbanera, no mes de setembro, un total de 11 días, porán unha pantalla de TV, para poder visualizar cada 10 segundos, cuñas publicitarias de todo tipo de negocios. Isto seria dende a mañá até que remate a festa pola noite. Cada anuncio pode ser visualizado cada día 300 veces. Só necesitan unha tarxeta do voso negocio ou unha foto. Pódense poñer até 3 anuncios por só 40 Euros.

Animádevos vinde a desfrutar destas marabillosas festas, aínda que, como é o meu caso, este ano por circunstancias persoais non poida facelo. Estas foron as primeiras festas que organicei aló polo afastado 1979.

Páxina en facebook: Comisión De Festas Nebra

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes