Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Romaría do Cruceiro de Tores 2013

Fotos e vídeos do que deu de si a Romaría do Cruceiro de Tores pola mañá e polo serán. Nesta ocasión a Misa Solemne foi oficiada por Don Luís, que lle ten unha gran estima a este cruceiro «non debemos esquecer que cando marchou Don José Cambeiro estivo ao fronte da Parroquia», cooficiada por Don Aurelio. Pouca asistencia de fieis, tendo en conta que só houbo unha misa rezada. Esta ausencia notouse como é de supoñer, tamén na sesión vermú.

Onde si debese destacala presenza de público, a pesar do vento frío do Nordés que batía, foi na actuación que ofreceron a carón do Cruceiro as agrupacións: Canlebó de Camboño, Axóuxeres de Miñortos e Falcoeira de Nebra, que rematou con empanada, tortilla e a típica rosca das festas… aínda que agora xa non sexan artesanais, feitas na casa.

Como ben dixo Don Ramón ó remate da misa, todo isto non seria posible sen a implicación da Comisión de Festas, dos que colaboran con eles, dos veciños e neste caso da Agrupación de Pandeiretas A Falcoeira, destacando por veterana a Señora Elvira e Samuel coma o máis novo de todos.

Cruceiro de Tores, baixo a advocación da «Virxe dos Milagres»

Misa Solemne

Procesión

Procesión

Arume de Boiro, tocando de novo na Procesión

Procesión

Remate da misa

«Orquestra La Bámbola»

«Orquestra La Bambola», animando a sesión vermú

«Orquestra La Bámbola»

Presentación do acto a cargo de Teresa Suárez

Remate da actuación

Remate da actuación

Plano dos asistentes picando empanada, tortilla e rosca

Catro fotos da verbena, xentileza de Ángel Vidal e Ángel Ramón Rey, que dixo isto no seu Facebook: Orquestra la Bámbola sae de Nebra con sobresaínte.

A comisión tamén tivo o detalle de felicitar á Orquestra. En nome de tódolos integrantes da Comisión de Festas de Nebra, queremos dar as gracias a Orquestra La Bámbola, pola marabillosa actuación que tiveron onte en Nebra, porque a pesar da pouca afluencia de publico, dérono todo como se o campo da festa estivera a rebentar. Unha gran orquestra, pero aínda son mellores no trato persoal. Moitas gracias.

Orquestra La Bámbola amenizando a verbena

«Orquestra La Bámbola»

«Orquestra La Bámbola»

«Vocalistas da Orquestra La Bámbola cantando no medio do público»

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes