Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Festas Patronais 2011, programa

Domingo 14: San Roque
Pola maña: Dianas e Alboradas a cargo dun grupo de gaitas.
Ás 08:30h. haberá misa.
Ás 13:30h. misa solemne e despois sairá a procesión.
Sesión vermú a cargo da orquestra Alcázar.
Pola noite: Gran Verbena amenizada pola formidable Orquestra Alcázar.

Luns 15: Nosa Señora
Pola maña: Dianas e alboradas a cargo dun grupo de gaitas.
Ás 08:30h. haberá misa.
Ás 13:30h. misa solemne e despois sairá a procesión.
Sesión vermú a cargo da orquestra Colombia.
De 18:00 a 21:00h. haberá inchables e festa da escuma para os máis pequenos… e non tan pequenos
Pola noite: Gran verbena amenizada pola Orquestra Colombia.

A Comisión de Festas deséxalles unhas boas festas aos veciños e visitantes e dálle as grazas a todos.

Colabora: Concello de Porto do Son

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes