Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Cruceiro de Tores 2014

Por sorte este día, non tivo nada que ver co de Santa Rita, aínda que a ameaza de choiva estivo presente ao longo do día.

Escasa fluencia de fieis á Misa Solemne e á sesión vermú, que foi amenizada de novo por Canlebó de Camboño e o Grupo Triunfo.

Onde se concentrou unha nutrida presenza de oíntes, foi no serán que un ano máis volveunos a congregar o Grupo de Pandereteiras da parroquia Falcoeira e o grupo de Gaitas Canlebó de Camboño.

A pesar de que a noite foi fresca a verbena amenizada por Triunfo e unha disco Móbil, congregou a un nutrido grupo de veciños e forasteiros.




















Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes