Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

O Carme 2013

Virxe do Carme

Nosa Señora de Monte Carmelo, referida comunmente e máis coñecida como Virxe do Carme, é unha das diversas advocacións da Virxe María.

Por segundo ano volveuse a celebrala Misa Solemne desta festividade no Campo da Festa, concelebrada por Don Manuel Iglesias, Don Ramón e «Jim». Acto que contou coa presenza do Señor Alcalde, Don luís Oujo e o Concelleiro de Turismo, Deportes e Festexos, Don Manuel Deán. Consellería que colabora coas festas e coa comisión entre outras cousas: cedendo a carpa, cadeiras, xerador e os asadores.

Hai moita xente que colabora desinteresadamente coa comisión e polo tanto coas festas de todos e todas. Así grazas ao seu facebook podemos coñecer a parte deles, aínda que seguramente lles quedase algún nome atrás como soe suceder nestes casos, entre eles os que lles fan os pedidos polas aldeas. Dado que este é un foro máis aberto e público, só publicarei os seus nomes de pila: Ángel Ramón, Pili, Aday, Dany, Juan José, Susi, Sandra, José Manuel, Cristina, José e Ángel, que nestes intres está traballando en Romanía.

Foi outro día no que a xente prestouse en acudir aos actos relixiosos e logo aos lúdicos. Segundo a información facilitada pola comisión, a verbena estivo bastante concorrida, mais despois do descanso minguou, por iso de acordo co Grupo Alkar optaron por alongalo primeiro pase.

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes