Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Nebra ~ Corpus Christi 2013

Alfombra Corpus 2013

© Marián PIñeiro

Un ano máis, Nebra reviviu o día do Corpus coa nosa e xa tradicional alfombra floral, aínda que a prensa siga dándolle mérito só ás que se fan nas «capitais» dos Concellos.

O mérito, a pesar das fortes rachas do vento do Nordés que facía voar todo o traballo polo aire estivo nas mans de: Lola, Rosa, Rosa, Rosa Mari, Susi, Rosa, María e Luís, e tod@s que procuraron as flores.

Coma sempre Julia e Concha encargáronse do interior da Igrexa, para recibir a Pablo, Paula e Cosme, que celebraban todo ilusionados a súa primeira comuñón.

Nebra: Corpus 2013

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes