Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Excursión de fin de catecismo de Nebra

O domingo 26 de maio terá lugar a excursión de fin de catecismo…así que, tódolos nenos e nenas que queiran asistir poden pasar pola perruqueria de Cristina e apuntarse.

A excursión será ó Cámping Punta Batuda (Miñortos) e terá un custe de 5,50 €.

Terán que estar no cámping ás 14:30h., a esa hora comerán e despois pasarán a tarde na piscina ou nas zonas de xogo.

O prezo xa inclúe a comida, acceso á piscina e monitor. A idea é que os nenos e nenas pasen unha xornada divertida todos xuntos. Animádevos!!!

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes