Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Festividade de Santa Rita 2016

Santa Rita

A Misa Solemne foi presidida polo padre Emilio, acompañado polo padre e musicólogo Don José López Calo, seu irmán Don Manuel, Don Luís e Don Ramón.Biografía do padre Emilio:

O ilustrísimo Señor Don Emilio Díaz Campo, Vicario Xudicial (Xuíz Eclesiástico) da Diocese de Lugo.

O padre Emilio cursou estudos Eclesiásticos no Seminario de Lugo, sendo ordenado sacerdote no ano 1963, celebrando as vodas de ouro sacerdotais no 2013.

O padre Emilio tamén é Coronel Capelán Castrense do Exercito de Terra e Cabaleiro Mutilado Permanente en Acto de Servizo.

Prestou os seus servizos como Capelán en varias Unidades do exército de Terra onde realizou 250 saltos. No último sufriu un grave accidente, sendo o motivo de ingresar no Corpo de Mutilados.

O padre Emilio está en posición de varias condecoracións entre elas:
A Medalla de Sufrimentos pola Patria.
A Gran Cruz da Orde do Mérito Militar.
A Medalla de Mutilados.

Cando pasou á situación de retirado o Sr. Bispo de Lugo nomeouno Vicario Xudicial.

Como xa adiantara, este ano non houbo comisión que se encargase dos actos lúdicos. Non obstante por xentileza do Concello de Porto do Son, previamente e ao final da misa a Banda de Música de Caamaño, ofreceu varios concertos, ademais de acompañala Procesión que por un pequeno accidente da Virxe do Rosario, que sae polo Cruceiro de Tores, solo fixo o percorrido Santa Rita.

Gracias á Directiva do Nebra C.F. tanto no percorrido como ao final, botáronse varias ducias de foguetes e baterías.

Ao coincidir en Domingo notouse a afluencia de fieis ao longo do día.

Xa polo serán ante un escaso publico proxectouse unha curtametraxe no local veciñal. Sinto ser así de explicito, porén esta desidia non anima a facer cousas.

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes