Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Romaría de Santa Rita de Nebra 2017

A pesar de coincidir o día nun luns é de destacar a presenza de bastante xente ás misas, sobre todo á celebrada ás 21:00 h., que é a que aproveitan quenes teñen que cumprir coas súas obrigacións laborais.

Segundo Don Ramón, tanto no Rosario como nas novenas, tamén houbo unha asistencia como nunca antes tiña visto.

Na Misa Solemne tal e como se pode ver na reportaxe dúas devotas portaban unha candea grande, algo que salvo pola Romaría da Balbanera xa non se ollaba este tipo de promesas, agás as candeas que se aceden no expositor que se coloca no lateral da igrexa.

Novamente oficiou a Misa Don Manuel López Calo, sendo acompañado por Don Tucho, Don Luís e Don Ramón.

Tras a procesión o Grupo Trécola botoulle unha peza no adro e logo coincidindo outras no campo da festa, para dar paso á Orquestra Palladium que aproveitou, ollando que a xente tiña gañas de festa para estirala mañá, xa que o día prestouse.

Ao comezo da verbena aínda que nun principio facía algo de fresco, segundo pasaba o tempo e a orquestra caldeaba o ambiente, quedouse unha noite moi acolledora.

Felicitar de novo á comisión e como son moi novos, seguro que ao igual que moita xente descoñece que os meus principios ao fronte das festas da parroquia comezaron con estas de maio no ano 1979.










Na procesión co símbolo da Santa a Rosa, coa espiña que a levou á morte no convento onde se recolleu.











Obviamente esta derradeira foto non ten nada que ver coa festa, ou si?, a pregunta vai dirixida ao que me deixou a “súa” xenreira no meu coche sabendo que estaba “ocupado” inmortalizando as nosas festas. Se esa é a súa forma de gozar que lle aprobeite!!!!

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes