Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

San Roque 2013

Xa levabamos un par de anos que non desfrutabamos dun día tan apracible polo San Roque. Pola mañá os gaiteiros Os Salgueiriños de Noia e os da Barquiña, “patearon” as aldeas para ir animando á xente.

>Coma sempre que a festa toca en día laborable, a presencia de xente nos actos relixiosos mingua, non tanto na sesión vermú, seguramente aproveitando o paracenteses na súa xornada laboral ou ben porque algunhas empresas da parroquia, optan por non traballar pola tarde.

Así foi que nesta ocasión para sacalos santos houbo unha pequena “descompensación” nos portadores. A pesar deste contratempo, puido saír a Procesión.

A Misa foi oficiada polo sacerdote venezolano, do que agora non me lembro o seu nome, e que leva unha tempada por estas terras colaborando cos párrocos da zona.

Ao remate os gaiteiros botáronlle unhas pezas no adro, para rematar co derradeiro pasarruas no Campo da Festa, onde a Orquestra Magos de España, agardaba para comezala Sesión Vermú.

Multimedia

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes