Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

San Ramón 2013

San Ramón Nonato

Relixioso, Cardeal. Patrón das parturentas.

Ramón significa: “protexido pola divindade” (Ra=divindade. Mon=protexido)

San Ramón naceu de familia nobre en Portell, preto de Barcelona, España no ano 1200. Recibiu o sobrenome de non natus (non nado), porque a súa nai morreu no parto antes de que o neno vise a luz.

De novo e grazas ao equipo capitaneado por Antonio de Gabriel, o derradeiro día de agosto celebramos a festividade do San Ramón de Nebra, non ten a categoría do de Bealo, porén, como tratándose dun fillo, cada un quérelle ao seu.

Particularmente téñolle certo afecto. Ramón chamábase meu avó da Graña e soia acudir entre outras, tamén a esta festa que, curiosamente organizara antes de nacer eu o de Resúa; meu pai, cando viviamos na casa de Vidal de Quintáns e décadas despois, seguín os seus pasos.

Centrándome xa na festa en si, pola mañá Carlos do Facho despertounos coa tradicional tirada de fogos e o Grupo de Gaitas Os Salgueiriños de Noia iniciaron as dianas e alboradas polas aldeas.

Festividade moi concorrida, tanto aos actos relixiosos «houbo 3 misas», como aos lúdicos.

Onte, falando sobre a festa, veume á memoria que foi a primeira vez que non houbo ningún posto de rosquillas.

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes