Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Panxoliña de Nadal de Manuel Abeijón

https://ribadeomuller.wordpress.com/2010/08/25/gaiteiras-%E2%80%9C-como-diria-xurxo-souto-a-historia-da-gaita-galega-tamen-ten-nome-de-muller/Foto: ribadeomuller.wordpress.com

Maruxiña lembras
aqueles tamborileiros,
o son das nosas gaitas
o repicar dos pandeiros.

Aquela gaita galega
que a levo sempre na alma,
cando o gaiteiro a toca
ela chorando nos Chama.

Vinde para os eidos queridos
volver para a nosa terriña,
por que sentir tanta dor
para que morrer de morriña.

Santa María de Nebra
que estas moi ala no alto,
manda tocar o gaiteiro
Dille que a toque moi alto.

Que quero oír a gaitiña
gardala no corazón,
moi alto para que a escoiten
Alá no Porto do Son.

Esa gaitiña, gaitiña
a nosa gaitiña galega,
ledicia do corazón
alivio de nosas penas.

Sempre que a escoito
ela me leva na Terra,
faime soñar moito
de ledicia eu choro con ela.

Sempre

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes