Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

I Foliada Enxebre de Música Tradicional

Foliada Enxebre + Churrascada organizada pola Comisión de Festas 2013, no Local Veciñal da Comunidade de Montes de Nebra, a partir das 6 do serán. Estará amenizada por varios grupos de gaitas, e se alguén ten pola casa unha pandeireta ou calquera outro instrumento, é o momento de sacalo do esquecemento. Con isto os integrantes da comisión de festas tentan argallar unha foliada como as de antes, onde a xente cante, baile e se implique cos músicos. Para que os folgos non decaian haberá racións de churrasco + viño ou refresco polo simbólico prezo de 5 euros.

Que non falte ninguén, porque iso animará á comisión a repetila experiencia.

Unha Foliada é un encontro cultural de música e tradición. No meu caso xa non lembro ningunha en Nebra, si as lembro pola contra cando vivía na Graña. Tiñan lugar no cuberto dunha familia de Balteiro (Cures), con música de acordeóns e gaitas acompañados por pandeiretas, baixo a luz duns candís de carburo.

I Foliada Enxebre de Música Tradicional e Churrascada

Para foliadas e o que faga falta, as que organizan este grupo de amigos da música enxebre. Coñecinos grazas aos vídeos do amigo Edelmiro, cando a súa filla, Noelia, apenas rexia coa gaita. Logo tiven o inmenso pracer de saudalos e compartir con eles anhelos cando andaban animando a IV Feira do Ferro de Riotorto.

Outra foliada, neste caso organizada por outros amigos de Melide.

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes