Páxina adicada á promoción de eventos da parroquia, recoller vellas lembranzas e fotos

Nosa Señora 2011, crónica

O día adicado á Nosa Señora, patroa da parroquia, luciu un sol espléndido e todo saíu a pedir de boca. Nada que ver co anterior adicado a San Roque…, que non nolo debeu tomar moi ben por trocarlle o día.

As gaiteiras (porque todas eran rapazas), recorreron algunhas das aldeas e tocaron na procesión e ao remate da misa. Misa cantada polo coro parroquial e que un ano máis foi oficiada polo Padre López Calo, que tivo a honra de estrear unha vestimenta para a ocasión, xesto que agradeceu a Don Ramón.

Logo no campo da festa tanto a sesión matinal como a verbena estivo amenizada pola Orquestra Colombia. Pero no medio de todo, os rapaces e rapazas desfrutaron cos inchables e a festa da escuma.

Como ben dixo Don Ramón, querer é poder e habendo quen queira levar a cabo esta ingrata labor de organizalas festas, xuntos podemos.

Unha vez máis os meus parabéns á comisión e a todos e todas que dalgunha e outra forma colaboran con eles.

Aí vai Nebra! is powered by Wordpress | WordPress Themes